lunes, 16 de marzo de 2020

#quedamosnacasa

#quedamosnacasa e damos as  g r a z a s 



AS MULLERES NA HISTORIA

Para conmemorar o pasado 8 de marzo, Día da Muller, decidimos realizar entre todo o alumnado do cole un fermoso mural onde cada curso plasmará a vida e obra dunha Muller que marcou a nosa historia.

Aquí tedes o resultado!



E vedes que símbolos da Muller máis orixinais?

Son obra dos nosos pequenos e pequenas de infantil que ademais de traballar a Malala aportaron este toque de cor tan especial!


miércoles, 4 de marzo de 2020

Chegan datas para celebrar...

Atentos e atentas que estamos preparando unhas publicacións moi especiais!



Este domingo...


A N U T R I C I Ó N

Aproveitando a temática abordada en Ciencias da Natureza, recibimos a visita de Blanca, farmacéutica e nutricionista.

Abordando a temática, desmontando mitos, aclarando dúbidas, dando consellos, ensinando a ler as etiquetas, e un longo etc. disfrutamos dunha sesión moi interesante, entretida e necesaria para pequenos/as e maiores.





Lembrade, menos de 5 ingredientes! O reparto adecuado do plato e.. a laranxa pola mañá, mellor en peza! :) 


GRAZAS! 
a Blanca pola súa colaboración e gran traballo!
e aos nenos e nenas polo seu interese e moticación!

ENTROIDO DE CHOQUEIR@S!!!

FESTA XAAA, FESTA XAAAAA!!!
FESTA
XAAA, QUEREEEMOS!!!!


Agardamos que pasarades unhas festas de entroido xeniais!
Polo cole disfrutamos moito do desfile e da merendola!
E lembrade a super canción que inventamos!

Tsehay e Luis, GRAZAS!
MENUDOS ARTISTAS!!!





Na paxina do cole podedes ver o photocall dos noso choqueiros e choqueiras :)

picade aquí:




E deixamos o fermoso mural feito por todos e todas, destacando as diferentes máscaras e tradicións do entroido galego! 



Vós invitamos a visitar Verín, Laza, Viana do Bolo...e moitos lugares máis onde festexamos distintos e orixinais entroidos! 


FELIZ SEMANA COMPAÑEIR@S!!!

DÍA DA PAZ 2020

QUE NON VÍCHEDES O QUE MONTAMOS??

MIRADEEEE! 


O fermoso mural feito por todos os nenos e nenas do cole!








E todas as pombiñas feitas con moito amor por cada alumno e alumna.

E atención que chega a gran actuación... CON  SORPRESÓN!!!!

Picade no título do temazo de Uxía Lambona que escollimos para festexar esta data tan especial: 




Aquí deixamos algunhas imaxes do momento da actuación e do backstage desta gran gran festa!!!







Grazas a estas fermosas vaquiñas e axudantes que fan todo máis doado!